O Castelo de Soutomaior

O Castelo

O Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdadeiramente privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí se divisa, a uns 119 metros sobre o nivel do mar, dominando o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata a súa desembocadura na enseada de San Simón, en Arcade.

Colocado no centro xeográfico do municipio do mesmo nome, dista uns seis kilómetros por carretera da costa marítima e un kilómetro e medio en liña recta do río Verdugo.

Esta posición a pouca altura, ademais de señorear as terras do seu feudo e controlar as comunicacións de sur a norte da provincia, ofrécelle as ventaxas de atoparse agochado ante as invasións realizadas por mar (normandos, turcos, piratas, etc.) e dispoñer de abundancia de auga para desenrolar os seus propios cultivos e pastizais para a gandeiría.

A construcción orixinal data do século XII, si ben será con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido polo alcume de Pedro Madruga co que alcance o seu máximo esplendor xa que chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV.

Non é o clásico castelo inaccesible, construido no alto de rochas de difícil escalada. Si ben, polos lados oeste e norte existen algunhas rochas e pendentes, polo leste e polo sur, o terreo é liso e pódense alcanzar facilmente os muros defensivos.

Rematado o período feudal, o castelo co productivo chan do seu entorno poido adaptarse fácilmente, incluso conservando os seus vellos muros defensivos á nova producción agro-gandeira de tipo pacego da nobreza galega arraigada no campo. Foi derruído durante a Revolución Irmandiña e Pedro Madruga intervirá moi directamente na súa reconstrucción.

1- Plantación de frutais
2 – Fonte da Marquesa
3 – Fonte
4 – Castelo
5 – Torreón do Conde
6 -Torre da homenaxe
7 – Xardín francés
8 – Estanque
9 – Carpa de eventos
10 –  Parque infantil

11- Viñedo do norte
12 – Pousada do castelo
13 – Capela de San Caetano
14 – Carballeira
15 – Souto de Castiñeiros
16 – Viñedo do centro
17 – Muiño
18 – Viñedo do sur
19 – Cadeira da Raiña
20 – Acceso Histórico

Plano do Castelo
Planta do Castelo

1 – Torre
2 – Capela
3 – Entrada ao Castelo
4 -Comedor ( dos criados)
5 – Despensa
6 – Cociña
7 – Patio de armas
8 – Comedor
9 – Subterraneo ( almacén)
10 – Baño
11- Biblioteca
12 – Ponte levadizo
13- Entada á fortaleza

Plano feito por Manuel Fernandez Soler en 1869

Unha das características do castelo de Soutomaior é a gran variedade de técnicas constructivas empregadas, o que proba as moitas reconstruccións levadas a cabo a medida que os tempos ían sendo mellores e según fosen sendo necesarios os perfeccionamentos nas fortificacións.

 

O cambio máis destacado foi no século XIX cando o castelo pasa a mans do marqués da Vega de Armijo coa construcción neogótica da “Galería de Damas”, este transfórmao nunha residencia de verán.

 

A súa inmediata sucesora é a súa sobriña, a marquesa de Ayerbe, coñecida popularmente como a “Marquesa Roja”. Foi unha das precursoras do movimento feminista en España. Precisamente foi tamén a autora dunha das mellores publicacións sobre o pasado do castelo. O seu segundo esposo, o doctor Lluria, construíu un sanatorio nos seus arredores. Sen embargo, debido ás súas actividades políticas, converteron a Soutomaior nun centro sospeitoso de conspiracións políticas e perderon a propiedade no ano 1917.

 

No 1982 o castelo pasou a mans da Diputación Provincial de Pontevedra quen encarga a un grupo de expertos a restauración do conxunto procedéndose a un estudo histórico e análise da súa evolución constructiva, replantexándose todo o conxunto ata chegar á solución de enfatizar o diálogo entre fortaleza militar medieval e palacio medieval decimonónico. O remate da rehabilitación lógrase cinco anos despois na que se repoñen entre otras cousas, elementos, teitos artesonados de madeira do palacio neogótico; sustitúense as carpinterías exteriores e reponse a cuberta do castelo por unha estructura metálica ofrecendo maior volumen utilizable. A nova modificación na Galería das Damas permite que esta sexa visitable, ofrecendo un novo mirador sobre o patio de armas.

 

Hoxe en día as vellas pedras da fortaleza, xuntamente co xardín que a envolve, destacan sobre as irregulares parcelas de cultivo que en suave pendente descenden ata o río. Constitúe unha paraxe para vivir plácidamente das comodidades que a natureza pode ofrecer coa abundancia de auga e bosques próximos con grandes posibilidades de caza, o deporte favorito na época das orixes desta casa, sen esquecernos tampouco da pesca que ofrecen os ríos do lugar.

Pedro Madruga

Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, tal vez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal.
De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto escalafón da liñaxe dos Soutomaior.
No  1467 obtivo de Enrique IV, un xuro de 150.000 maravedís sobre as rentas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela o que lle acarreou un enfrentamento directo coa Igrexa.
Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo.
Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa.

 

>> ampliar información 

Maria Vinyals

María Vinyals y Ferrés (1875-1940) naceu en Soutomaior un 24 de Agosto.

En 1896, casou con Juan Nepucemo Jordán de Urries y Ruiz de Arana, marqués de Ayerbe.  anos despois publicou o primeiro dos seus traballos: El Castillo del Marqués de Mos en Sotomayor. Apuntes históricos (1904).

Tamén publicou artigos nas revista Galicia en Buenos Aires “La influencia social de la mujer”, e na revista Galicia en  Madrid “El voto femenino”.

Debido as súas ideas progresistas e á defensa dos dereitos da muller, Vinyals gañouse o alcume  de  a “Marquesa Roja.”

Nombrada académica por la Real Academia Galega en 1906,  dous anos despois enviudou.Volveu a casar co   médico e sociólogo cubano Enrique Lluria.

Fundaron nos dominios do castelo o Primeiro Sanatorio de Galicia.

Conta a lenda que para sufragar os gastos do sanatorio, a Marquesa Roja vendeu parte do tesouro que se almacenaba no castelo, do que formaba parte a espada de Cristóbal Colón.

Resumo da Evolución Histórica:

XII-XIII: Torre defensiva. Oculta ás invasións vikingas e normandas.

XIV: Fortaleza con dúas torres unida por muralla e con un recinto amurallado. Porta primitiva románica.

XV: Pedro Madruga convérteo na súa fortaleza principal, coordinadora de todo un sistema defensivo.

Barbacana de acceso.
Cambia a porta.
Segundo recinto-ponte.
Calabozo.
Troneiras en pechadura invertida.
Derríbase parcialmente, polos irmandiños e reconstrúese a parte residencial reducida.

XV-XVI: Os RR.CC. derriban a parte superior da torre.

XVII: “A obra interior do castelo é casa moi habitable. En disposición moderna e capaz de moita familia”.

XVIII: Escudo Marqués de Mos e restauración de torre 1780.
Alúgase para escola.
Residencia de profesores de cociña.
Aula en salón de damas.
Galería de damas pintada de vermello e con partes de madeira.
Salón principal con chimenea de granito e artesonado

XIX: Palacio neogótico.
Capela neogótica, escaiola. Galería neogótica de granito.
Escaleira neogótica.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies