Feira do Libro Soutomaior 2022

Feira do Libro Soutomaior 2022

Datas:22-23 abril
Lugar: Alameda talo Río
Horario: Venres: de 17:00 -20:00, Sábado 10:30-14:00 / 17:00 -20:00

Acudirán ao evento representantes das principais editoriais galegas. Ademáis, organizáronse unhas sesións de firma de libros con algúns dos escritores e  das escritoras que acudirán á Feira. Tampouco faltarán os coloquios literarios, os  obradoiros, as sesións de contacontos e a animación tanto para maiores como para cativos e cativas.

O obxectivo é que, durante os dous días que dura a feira, a Alameda de Tallo Río rebose literatura, creatividade e moita paixón pola lectura.

A Xunta apoia con 400.000 € ás Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas) para promover a igualdade e previr a violencia de xénero

A Xunta apoia con 400.000 € ás Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas) para promover a igualdade e previr a violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica  a convocatoria de axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero postas a iniciativa de Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas). Os apoios poden solicitarse desde o martes 22 de marzo,  ata o día 21 de abril.
>> Ampliar información

NÓS. INFINITAS – Documental

NÓS. INFINITAS – Documental

Este venres 11 de marzo ás oito da tarde no edificio Multiusos de Arcade, presentación e visionado do documental NOS. INFINITAS.
Documental realizado por Raquel Fernández Reguera e Coral Piñeiro González coa colaboración de mulleres do Concello.
Despois de documental haberá unha charla coloquio sobre a igualdade e as dificultades que se atopan as mulleres de hoxe en día.
Non o perdades

8M- Día internacional da muller 2022

8M- Día internacional da muller 2022

INFINITAS 8M
O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade da a coñecer a programación con relación o 8M, Día Internacional da Muller, para conmemorar a loita das mulleres pola igualdade real nos diferentes eidos da nosa sociedade.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies