Biblioteca Soutomaior

Educación

Contacto:

R/Peirao, 8 – Multiusos, Arcade. 36690 Soutomaior

Telf. 986 700 822

e-mail: educación@soutomaior.com

Redes sociais:

Horario de atención ó público:

INVERNO: Luns, martes, xoves e venres de 15,30 a 20,30 h  / Mércores de 9 a 14 h.

VERÁN: De luns a venres de 9 a 14 h.  (Dende finais de xuño ata mediados de setembro)

II Feira da ciencia

Xoves 4 de maio, a partir das 10:00 na  Alameda Talo Río.

 


Descargar programa.

 

>> Inscricións

>> Ampliar información 

 

Soutomaior de libro

Sábado 22 de abril, Alameda Talo Río.

 


Descargar programa.

 

>> Ampliar información / inscricións.

 

Expectáculo teatral

Lzaro de Tormes

DIVULGACIENCIA  – IIª EDICION

De febreiro a maio

Actualidade:

Coleroteiros

Coleroteiros

…a clase paseando.

ColeRoteiros, Camiños Escolares en Soutomaior, é un programa municipal educativo e xuvenil dirixido a facilitar que nenos, nenas, mozos e mozas poidan ir aos centros educativos camiñando ou en bici.

Un proxecto global e transversal do Concello de Soutomaior que ten como fin impulsar hábitos máis saudables de mobilidade, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria

> Descargar  díptico

>> Ampliar información / inscrición en liña

Roteiro medio ambiental “A Pedra e a Auga”

Roteiro medio ambiental “A Pedra e a Auga”

Programa municipal Roteiros medioambientais GUIADOS
DATA: DOMINGO 27 DE XANEIRO
IDADES: Todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.
HORARIOS:
Saída 09:30 H Casa do Concello – 09:45 H Cruce de Pierres
Chegada 18:30 H Casa do Concello – 18.00 H Cruce de Pierres

INSCRICIÓNS: ATA O 21 DE XANEIRO
>> Inscricións en Liña

Actividades educativas para as vacacións de Nadal

Actividades educativas para as vacacións de Nadal

Datas: 26,27 decembro e 2 de xaneiro no Multiusos en Arcade
Horarios.
Construíndo con formas (3-5 anos) 11 a 12.30 h
Microlab (6 a 11 anos) de 11.30 a 12.30 h
Microlab (12 a 18 anos) de 12.45 a 13.45 h
As prazas son limitadas polo que haberá que anotarse previamente a través da INSCRICIÓN EN LIÑA.
O prazo de inscrición remata o 20 de decembro. Para máis información póñanse en contacto coa OMIX ou ben en educacion@soutomaior.com
>> Inscrición en liña

Programa SI QUERO, COLABORAR

Programa SI QUERO, COLABORAR

Educación + Medio ambiente + Voluntariado
O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo programa de educación e
sensibilización medioambiental no que se implican varios departamentos: Educación,
Medio ambiente e Voluntariado co fin de promover iniciativas mediante as cales os veciños e veciñas poidan implicarse e formarse para participar en accións de voluntariado na natureza.
>> Inscricións en liña

Programas:

SoutoNews


Soutonews Magazine é un proxecto para a mocidade que che fai falar en inglés

 

É un proxecto de inmersión lingüística en inglés onde o alumnado aprenderá este idioma dun xeito natural e divertido a través da creación dun noticiario que se denominará SOUTO NEWS.

Entre todos/as crearán as diferentes seccións: deportes, sucesos, turismo, economía, cotilleos, música e cultura, etc. Cada mes este noticiario terá unha edición dixital EN LIÑA que se editará e se fará pública na web do Concello.

Simulando una retransmisión televisiva presentaranse as novas máis relevantes e os temas sobre os que rapaces/as estiveron investigando. Esta edición realizarase integramente en inglés e estará subtitulada en galego.

Como o faremos:

A metodoloxía para preparar a edición dixital estará baseada no xogo, cancións, audiovisuais e role-plays para ampliar o vocabulario, utilizar expresión cotiás e así poder falar de diferentes temas. Con este método afarán o seu oído ao acento anglosaxón, o que favorecerá a aprendizaxe do idioma inglés ao longo da súa vida e gañarán en soltura para comunicarse nesta lingua.

Aprenderán a redactar novas, a falar en público, a investigar sobre diferentes temas, a traballar en grupo, etc. porque realizaremos actividades que amplíen as seccións no noticiario a partir de:

  1. SPELLING COMPETITION: concurso de deletreo de palabras inglesas.
  2. OBRADOIROS DE CANCIÓNS: tratarán diversos temas a través das letras das cancións. Manexarán novo vocabulario e mellorarán a súa pronunciación.
  3. OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA: crearán a súa propia historia e relatarana en viñetas a través de debuxos e diálogos cortos. As novas escolleranse mediante.
    Grupo de debate:

    Presentaremos un tema e unha pequena introdución ao mesmo. A profesora e moderadora, dividirá aos alumnos/as en dous grupos e asignaralles unha postura que defender, estean de acordo con ela ou non. Este obradoiro favorece as destrezas comunicativas e a capacidade de pensar en inglés. Ademais é unha magnífica ferramenta para desenvolver a imaxinación e o enxeño. 
Suscitarase un tema de interese relacionado coa idade do alumnado para charlar de forma distendida pero ordenada.

    Todos/as opinarán e aportarán ideas e suxestións respecto diso,
relatando tamén as súas propias experiencias. A profesora ademais de moderar, axudaralles a desenvolver o tema elixido.

 

educacion(arroba)soutomaior.com
omix(arroba)soutomaior.com

 

 

Roteiros medioambientais.

Coñece o teu entorno e arredores.

Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental  co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai  explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo:  uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.

Obxectivos 

  1. Coñecer a riqueza medioambiental do noso Concello para poñer en valor os seus recursos naturais e patrimoniais.
  2. Redescubrir sendeiros e camiños actualmente en desuso.
  3. Fomentar hábitos saudables e alternativas de lecer a través do senderismo.
  4. Educar en valores como: o respeto, a tolerancia, o traballo en equipo e o coidado á natureza.

    Como participar

    Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.

    Obrigatorio inscribirse previamente na OMIX. O  prazo de inscrición ábrese unha vez feita a publicidade dos roteiros e remata cinco días antes da realización de cada roteiro.
    As prazas son limitadas pois o que se pretende é traballar con grupos pequenos para garantir a calidade e facilitar a interacción entre as persoas que participan.
    Cando hai moita demanda nun roteiro repítese e ofértase unha nova data para as persoas que están en lista de agarda.

    Cando un roteiro se cancele por motivos climatolóxicos comunicarase por teléfono ás persoas inscritas.

Recomendacións

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante. 

Material necesario: 

  1. Calzado de monte/montaña. Moi recomendable con protección á auga tendo en conta a metereoloxía.
  2. Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro, pantalón de auga, paraugas,… (se chove); pantalón de monte, polar, camiseta térmica (se fai frío); roupa lixeira si fai calor e protección solar (con sol), etc
  3. Unha pequena mochila con auga (1/2 l) + Froita (ou bocadillo).
  4. Móbil con batería e aplicación instalada de xeocaching ou de códigos QR cando no roteiro se vaian a utilizar estas ferramentas. Ler as indicacións específicas para cada un.

    *Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.

NORMAS sobre animais

IMPORTANTE: Lembramos que por temas de organización e tipoloxía grupal da actividade NON se poderán levar cans nin outros animais aos roteiros.

     

    Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica

    O proxecto de Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica é unha proposta que parte das Concellerías de Educación e de Medio Ambiente coa finalidade de por en marcha unha horta municipal en Arcade cun carácter formativo, de esparcemento, de sensibilización ambiental e de consumo responsable.

     

    A quen vai dirixido

    A persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do sitio onde viven, de xeito que  dependan o menos posible dos recursos externos. O aproveitamento de recursos naturais presentes no noso medio a partir de “recursos custo cero” como poden ser o acceso a terras sen cultivar e fomentar actividades de desenvolvemento no sector da agricultura ecolóxica e transformación en produtos elaborados, reciclaxe de residuos, ecoagroturismo e outros parécenos unha alternativa moi interesante para darlle un valor engadido. Permitindo isto que se coide o territorio e se conserve a nosa identidade e cultura, dun xeito sostible tanto económica, coma socialmente.

    A persoas que queiran aprender e experimentar a opción de cultivar e obter hortalizas ecolóxicas sen impacto no medio así como consumir produtos máis sans. Familias que queiran a través do contacto coa terra e a natureza educar tomando conciencia dos ritmos biolóxicos das persoas.

    Requisitos

    Para poder acceder á solicitude do uso da horta/parcela débense cumprir os seguintes requisitos:

    1. Ser veciño/a de Soutomaior, figurando inscrito/a no Padrón Municipal de habitantes.
    2. Estar fisicamente capacitado/a para realizar o traballo agrícola.
    3. Ser maior de idade ou vir acompañado dunha persoa que teña titularidade da horta/parcela previa autorización.
    4. Realizar e rematar con éxito o curso de iniciación á horta municipal ecolóxica convocado polo Concello de Soutomaior.
    5. Estar ao corrente no pago das súas obrigacións tributarias co Concello de Soutomaior.

     

    Documentación:
    Normas da escola M. da horta urbana

     

     

    Escola M. de Pais e Nais

    Un lugar de encontro onde pais e nais e resto de membros da unidade familiar tentan buscar estratexias para mellorar a relación cos fillos e fillas e a súa educación.

    Colaboran a ANPA Negueirós e o CPI Padin Truiteiro

    Que traballamos e como o facemos? Cada trimestre traballamos temas diferentes en función de necesidades detectadas e das demandas das familias, ANPAS ou centro educativos. A metodoloxía do programa está baseada no uso de técnicas que promovan a experimentación, a práctica e a comunicación. Mediante un formado de sesións moi prácticas nas que se traballan recursos que nos permitan as familias coñecer e aplicar técnicas e habilidades que as axuden a mellorar o traballo educativo desde o ámbito familiar. Sempre son sesións guiadas por profesionais nas materiais a traballar e cunha perspectiva de intervención baseada en aprender facendo.

    Poden asistir os nosos fillos/as? SI, porque haberá actividades para os nenos/as mentres as familias están na sesión. Ás veces ó remate da sesión de adultos realizarase unha actividade conxunta: maiores e nenos/as.

    Obxectivos:

       – Concienciar ás familias da importancia de educar aos nenos/as de forma creativa fomentando actitudes e valores que favorezan unha convivencia democrática e respetuosa.
       – Entrenar habilidades sociais e persoais como ferramentas diarias educativas que axuden no proceso de toma de decisións.
       – Favorecer a creación dun entorno que estimule a participación e entendemento dentro da familia aportándolles recursos para conseguilo.
       – Potenciar o desenvolvemento de competencias que impliquen a busca de alternativas e a xestión creativa de conflitos
       – Favorecer a comunicación interxeneracional a través mediante o uso de recursos que permitan que a familia teña unha comunicación fluída.

    Axudas e subvencións

    Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

    ACEPTAR
    Aviso de cookies