LEO, LEO… QUE LES?
Campaña de conmemoración do Día Internacional do Libro
Descrición:
Soutomaior únese á Conmemoración do día 23 de Abril día Internacional do Libro para fomentar a lectura como un valor universal que nos fai crecer como persoas e como comunidade.
Coa lectura adquirimos coñecemento e podemos comprender mellor o mundo que nos rodea. Podemos viaxar a calquera sitio sen ter que desprazarnos e nestes tempos nos que a situación sanitaria derivada polo Covid-19 pode ser de gran utilidade porque os libros, en calquera dos seus formatos, poden sernos de gran axuda para dar alas á nosa imaxinación e sentirnos mellor. Ademais, serven para compartir, para comunicar, para manternos conectados e conectadas, aumentan a nosa curiosidade, …
Obxectivo:
Promover a lectura en todas as idades e poñer en valor o libro como un recurso de lecer e de benestar social e individual.
Como participar?
O Concello de Soutomaior a través do departamento de Cultura promove esta campaña de ANIMACIÓN Á LECTURA: LEO, LEO.. QUE LES? que consiste en:
Escribe unha mensaxe cun texto coa que”Animes a outras persoas a ler e na que recomendes a túa lectura favorita” Máximo 5 liñas
O teu texto vai ESCRITO directamente en COMENTA na publicación desta campaña que aparece no Facebook de Cultura e no final do texto especifica o teu nome e apelidos para poder logo entrar no sorteo.
Os nomes que entrarán a sorteo serán os que figuren no final do texto como autores/as do mesmo.
Non é obrigatorio pero si queres podes acompañar o texto de algunha imaxe.
Únicamente entrará a sorteo unha publicación por persoa. Si unha persoa asina varios textos entrará en sorteo o primeiro texto subido a Facebook.
Quen poden participar?
Todas as persoas de calquera idade empadroadas no Concello de Soutomaior. No caso de ser menores de idade ou de non ten Facebook poderá subir a túa publicación outra persoa porque o importante será o nome que figure no final como autor/a. Este será o nome que entre a sorteo.
En que consistirá o sorteo?
O/a autor/a do texto entrará nun SORTEO de 40 vales por valor de 25€ para mercar libros.
O sorteo realizarase publicamente cando se levante o Estado de Alarma. Comunicarase con suficiente antelación no Facebook de Cultura e no do Concello de Soutomaior o día, hora e lugar para que se poida asistir.
Cando finalice o sorteo entregaranse os vales por ese importe ás persoas gañadoras e pediráselle o seu DNI (NIE ou documento que acredite a súa identidade) para cotexar que efectivamente existe esa persoa e que non se suplantan identidades.
Durante o sorteo quitaranse máis de 40 nomes co fin de deixar unha lista de agarda por si non se pode verificar a identidade dalgunha das persoas ou se observa defecto.
Os vales poderanse canxear onde se queira. As pautas sobre como facelo indicaranse ese día ás persoas gañadoras do sorteo.
Datas?
Desde 23 ata 30 de abril ás 20.30 h. Soamente se admitirán a sorteo as que se presenten durante este tempo.
IMPORTANTE
O Concello de Soutomaior resérvase o dereito a retirar calquera publicación que se considere atenta contra a dignidade das persoas, sexan ofensivos ou discriminatorios.
AS PERSOAS QUE PARTICIPAN NESTA INICIATIVA ACEPTAN INTEGRAMENTE ESTAS BASES