info coronavirus

A partir de hoxe, e para evitar confusións estatísticas, pasamos a reflectir os datos que aparecen na páxina oficial de coronavirus. sergas. gal.

 

Presidencia da Xunta de Galicia
DECRETO 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

>> Ver DOG- 13 de xaneiro de 2020

Presidencia da Xunta de Galicia
DECRETO 212/2020, do 11 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

>> Ver DOG- 11 de decembro de 2020

Presidencia da Xunta de Galicia
DECRETO 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
.

>> Ver DOG- 3 de decembro de 2020

Consellería de Sanidade
ORDE do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
.

>> Ver DOG- 3 de decembro de 2020

Medidas de prevención específicas no Concello de Soutomaior – Covid 19


Con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio.

Os cidadáns que residan nun deles poderán entrar e saír do resto sen limitacións.

Non estará sometida a restrición ninguna a circulación en tránsito.

O perímetro que forman estes nove concellos será o límite que só se poderá saír salvo que existan causas xustificadas como:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en te­rritorios limítrofes.

g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites adminis­trativos inaprazables.

i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público ou privado, tanto pechados como ao aire libre, quedará condicionada a que se trate tan só de persoas conviventes..

A limitación prevista neste número non será de aplicación no caso de actividades la­borais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballa­dores, e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Decrétase o peche temporal de todos os establecementos de hostalería, salvo para ofrecer servizo a domicilio ou para recoller no local os pedidos que fagan os clientes.

O comercio poderá seguir aberto pero con limitacións de aforo ao 50%, do mesmo xeito que teatros e auditorios, que poderán ter público: 30 persoas en interior e 75 ao aire libre como máximo.

A práctica deportiva (non federada), pola súa banda, só poderá realizarse de maneira individual.

Segue en vigor a restrición de mobilidade desde as 23:00 a 6:00 horas

As novas restricións, entrarán en vigor o vindeiro sábado ás 00,00 h e estarán vixentes ata as 15.00 horas do día 4 de decembro.

Restricións deportivas – Covid 19

De acordo coas novas restricións indicadas no DOG nº 223-Bis do 04-10-2020, o Concello de Soutomaior na súa parcela deportiva dispón:

1º.- Seguen suspendidas as Escolas Deportivas infantiles.

2º.- Suspender as clases de tenis e pádel adultos

3º.- Seguen pechados o Pavillón Municipal, Campos de Fútbol Municipais e demais instalacións recreativas deportivas do Concello (pistas patinaxe, multideportivas,etc.)

4º- Péchanse as pistas de pádel e tenis excepto para o deporte federado que poderá seguir co seu calendario de adestramentos e partidos oficiais.

5º-A oficina do pavillón estará aberta (de luns a venres) a partir das 18,30 h para proceder ao troco de bonos das reservas non disponibles.

6º.- Estas medidas entrarán en vigor as 00,00 h do sábado 7 de novembro

Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

>> Ver  BOE-A-2020-12898

ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

>> Ver  DOG- 4 de novembro de 2020

ORDE do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

>> Ver DOG 21/10/2020

Comisión de seguimento do COVID-19 do Concello de Soutomaior

Na última reunión da comisión de seguimento do COVID-19 do Concello de Soutomaior, celebrada no día de onte, deuse conta das accións máis importantes e agradeceuse ás seguintes persoas e establecementos locais as doazóns realizadas ao Concello ou ao Centro de Saúde:.

– Jacobo Martínez (marisquería Arcade) doazón de alimentos.
– Víctor López (Arcade Visión) doazón mascarillas
– María Teresa Pérez, doazón guantes
– Rosario Couñago (Rapaces) doazón de mascarillas
– Centro de Día Boas Apertas doazón material sanitario
– Costureiras de Arcade doazón de mascarillas

– A través de Protección Civil levaron a cabo actuacións de compra e servizo a domicilio a persoas maiores de medicinas e alimentos.
– Así mesmo forneceuse de alimentos ás persoas máis necesitadas e que o requiriron.
– Leváronse a cabo labores de desinfección en lugares e edificios tanto do centro urbano de Arcade e Soutomaior, zonas de maior afluencia, así como noutras zonas do rural coa colaboración de operarios municipais.
– Por parte da empresa Urbaser do baldeo de rúas e desinfección de contedores.
– Reforzouse a policía local coa contratación de 2 novos auxiliares para reforzar a vixilancia mentres dure o estado de alarma.
– Posta en servizo de atención psicolóxica para quen o necesite a través do CIM dous días por semana en principio.
– Aprazamento das taxas municipais e elaboración dun novo calendario fiscal que se acordará cando termine o estado de alarma.
– Establécense servizos mínimos nas dependencias municipais, excepto servizos sociais que terán servizos diarios.
– Peche de todos os parques infantís, zonas de lecer e aparcamentos do Periao mentres dure o estado e alarma.
– Posta en servizo dun apartado específico na páxina web do Concello en relación a recomendacións sanitarias e de saúde pública de interese xeral para o control do COVID-19
– Comunicado conxunto do Alcalde, Agustín Reguera e do Portavoz Municipal do BNG, Manuel Lourenzo #ante a alerta sanitaria.
– Apertura de rexistro de voluntariado para a colaboración que distintas persoas fixeron chegar ao Concello e que se canalizarán por medio da Agrupación de Protección Civil.

O Concello de Soutomaior quere enviar unha mensaxe de agradecemento a todas as persoas que durante esta crise sanitaria xerada polo coronavirus están a facer posible a asistencia sanitaria e a prestación de servizos básicos á cidadanía e insiste na necesidade e a importancia de que todos nos quedemos na casa e sigamos as recomendacións e medidas marcadas polas autoridades sanitarias e polo decreto de alarma

Apertura oficinas municipais

As oficinas do Concello de Soutomaior abrirán as súas portas para a atención ao público en xeral o vindeiro luns día 8 de Xuño en horario de 9,00 a 14,00 horas. 

Debido ás normas de seguridade sanitaria establécese un aforo limitado nas oficinas de 3 persoas. 

Para as xestións que non sexan urxentes é recomendable  solicitar cita previa a través do teléfono 986 70 51 06 ou mediante o correo electrónico oficinas@soutomaior.com. 

Para a entrada nas distintas dependencias deberase de utilizar máscaras e usar o xel desinfectante que se poñerán ao dispor dos usuarios na entrada.

Autorización municipal para a instalación de terraza exterior

>> Ver impreso autorización

Regulación de franxas horarias no Concello de Soutomaior

Desde hoxe, debido á nova interpretación da orde que regula as franxas horarias para saír ao aire libre a realizar actividade física no Concello de Soutomaior, os veciñ@s de Soutomaior (Parroquia) poderán saír sen limitación horaria  por contar  cunha poboación de 2.267 habitantes  e os de Arcade (Parroquia), suman a cantidade de 5.241 habitantes e deberán seguir respectando as limitacións e horarias actuais.

Lembrade que seguen vixentes as restricións de distancias en todo o municipio e lembrade tamén as medidas de hixiene.

Chamamento á veciñanza de Soutomaior

Agustín Reguera Ocampo e Manuel Lourenzo Sobral, en representación da Corporación Municipal de Soutomaior, fan un chamamento á veciñanza para nos protexer ante a alerta sanitaria do coronavirus.

Ante a gravidade da situación que estamos a vivir e unidos polo interese xeral e a saúde do pobo de Soutomaior, instamos á nosa veciñanza a que:

Permaneza nas súas casas e evite os contactos socias. O coronavirus ten unha capacidade de contaxio altísima e só co esforzo de todas e todos poderemos superalo.

2º Que tal e como nos confirman os expertos, e corrobora o médico do centro de saúde Luís Torres, estamos ante unha situación gravísima que require do compromiso de toda a veciñanza. O illamento social é a única forma que temos de vencer ao coronavirus e de fomentar a saúde dxs veciñxs de Soutomaior.

3º Como representantes do pobo de Soutomaior, pedimos a toda a veciñanza de Soutomaior que atenda as recomendacións dos organimos sanitarios e que sexa consciente da gravidade da situación que estamos a vivir. Só xuntxs poderemos paliar as consecuencias do coronovirus en Soutomaior.

Soutomaior é un pobo unido pola saúde da nosa veciñanza. Entre todas e todos superaremos esta situación. Farémolo unidxs, e co apoio de todas e todos vós!

Soutomaior, unido fronte ao coronavirus.
Actuemos! Fiquemos na casa

AVISO

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Soutomaior quere AXUDAR ós nosos maiores e dependentes para que NON SAIAN DA CASA mentres dure o ESTADO DE ALARMA.

Queremos axudar a aquelas persoas maiores do noso municipio que NON DEBEN SAÍR DAS SÚAS VIVENDAS e non teñen quen lles axude. É unha medida excepcional que só se manterá durante o Estado de Alarma.

Se é o seu caso, e precisa mercar alimentos ou medicamentos pode chamar ós seguintes teléfonos de Protección Civil en horario de 9 a 14 h e de 16 a 21 h:

626 47 73 55

652 49 32 68

Tomaremos nota dos datos da vivenda e un Técnico de Emerxencias, debidamente protexido, acudirá ó seu domicilio para recoller a lista da compra, de medicamentos, a tarxeta sanitaria e o diñeiro, e posteriormente entregarán o pedido no domicilio.

O obxectivo é evitar que os nosos maiores, que son os máis vulnerables a este virus, se contaxien.

AVISO

Transmítennos desde o centro de saúde o seguinte:

1º.- Todas as citas preferiblemente telefónicas

2º.-  As persoas que padezan problemas respiratorios, teñan cámaras, e necesiten acudir ao centro de saúde, que as leven (as cámaras) para o seu propio uso.

 

AVISO

Debido á emerxencia sanitaria causada polo Coronavirus á atención ao público nas dependencias municipais será o seguinte ata novo aviso:

  • Oficinas Concello:

Atenderanse tramitacións urxentes mediante cita previa a través do teléfono: 986-705106

Atenderanse as peticións e solicitudes tramitadas a través da Sede Electrónica do Concello  https://soutomaior.sedelectronica.es.

Mediante correo electrónico oficinas@soutomaior.com

  • Quedan pechadas ao público as seguintes instalacións municipais onde só se atenderá telefonicamente ou electronicamente:

Centro Multiusos:

Centro Información á muller (CIM) – 986 701227 – cim@soutomaior.es

Oficina información xuvenil (OMIX) – 986 700822 – omix@soutomaior.com

Mestre composteiro – 660 82 11 31 – compostaxe@soutomaior.com

Biblioteca – 986 700291 – biblioteca@soutomaior.com

Pavillón de Deportes – 986 700964 – pabellón@soutomaior.com

  • Suspéndense todas as actividades, cursos, etc. programadas dende as distintas concellerías
  • Suspéndese a Feira de Arcade a partir do día 26
  • Procédese ós peches do Centro Social de maiores de Talo Río e dos Campos de Fútbol Municipais ata novo aviso.

Seguir as recomendacións das autoridades sanitarias e ante calquera dúbida razoable chamar ao teléfono de información para cidadáns 900 400116

 

 

RECURSOS E DOCUMENTACIÓN

  • ORDE do 25 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Ver DOG de 26/08/2020

  • «Acordo sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Ver DOG de 13/06/2020

  • NOVO CALENDARIO PAGO TRIBUTOS MUNICIPAIS
    Normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais.
    Calendario de cobro de xuño a decembro do exercicio 2020

A afectos de garantir ás persoas contribuíntes as maiores facilidades para o pago dos seus tributos durante un período temporal o mais escalonado posible dáse publicidade ao novo calendario de cobro de tributos do Concello de Soutomaior.

Para a efectiva aplicación dos plans de pago personalizados neste segundo semestre rexerán as seguintes normas:

PLAN DE PAGOS PERSONALIZADOS COVID-19: Habilitado como consecuencia da crise sanitaria producida na actualidade e a conseguinte repercusión económica da mesma, ten como obxectivo facilitar o pago fraccionado das cotas por recibo de todos ou algún dos seguintes tributos: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), no período voluntario de pagamento.

Os requisitos para acollerse ao Plan de pagamento personalizado COVID-19 son:

Solicitude presentada antes do día 15 de xuño do 2020 a través da OVT (https:// ovt.depo.gal) ou a través dos resto de sistemas regulamentados na LPACAP co modelo normalizado.

O pagamento realizarase ata en 6 mensualidades

O plan rexerase, en todo o non disposto, pola Ordenanza fiscal xeral do ORAL.

Non existirá contía mínima no importe de cada prazo.

Envío de documentos de ingreso: Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago. Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400.

>> Ver BOPPO 25/05/2020

  • Orden SND/414/2020, de 16 de mayo, para a flexibilización de determinadas restriccións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición hacia unha nova normalidade

 

Ver BOE de 16/05/2020

  • Orden SND/427/2020, de 21 de maio, pola que se flexibilizan certas restriccións derivadas da emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 a pequenos municipios e a entes locales de ámbito territorial inferior.

 

Ver BOE de 22/05/2020

  • Orden SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obligatorio de mascarilla durante a situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

Ver BOE de 20/05/2020

  • ANUNCIO RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INGRESO DA TAXA DE AUGA POTABLE, REDE DE SUMIDOIROS, CANON DA AUGA E COEFICIENTE DE VERTEDURA DO 1º TRIMESTRE 2020 DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR

Ver BOPPO de 11/05/2020

 

  • Regulación de franxas horarias no Concello de Soutomaior
    Desde hoxe, debido á nova interpretación da orde que regula as franxas horarias para saír ao aire libre a realizar actividade física no Concello de Soutomaior, os veciñ@ s de Soutomaior (Parroquia) poderán saír sen limitación horaria por contar cunha poboación de 2.267 habitantes e os de Arcade (Parroquia), suman a cantidade de 5.241 habitantes e deberán seguir respectando as limitacións e horarias actuais.
    Lembrade que seguen vixentes as restricións de distancias en todo o municipio e lembrade tamén as medidas de hixiene.

  • Información á cidadanía: preguntas máis frecuentes sobre as restricións vixentes en Galicia tras a declaración da Emerxencia Sanitaria

  • Páxina web específica con toda a información oficial sobre todos os Decretos aprobados polo Goberno de España e que incorpora ademais, un servizo de consultas: http://covid19.femp.es/

     

    Guía de boas prácticas para os establecementos do sector comercial.Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral an

EDUCACIÓN

FUNCIONAMIENTO A PARTIR DO MES DE XUÑO

Axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

O Concello de Soutomaior informa que a partir de mañá e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

Deste xeito, a Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais a aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro/día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor está xestionado pola Consellería.

Presentación de solicitudes

Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a solicitude formal deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos.

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 € no comedor escolar xestionado pola Consellería nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

Segundo os datos da Consellería, a xaneiro do presente curso, o número de beneficiados por esta medida son preto de 45.000 alumnos, a razón de 40.480 usuarios con comedor gratuíto e 3.813 semigratuíto que pagan 1 euro. Así, no caso dos usuarios de comedor gratuítos a Consellería aboaralles 2,5 euros/día, e no caso dos usuarios semigratuítos recibirán 1,5 euros/día durante os 14 días lectivos computados durante a vixencia da declaración da situación de Emerxencia Sanitaria.

Para tal fin a Consellería de Educación vén de habilitar un crédito de 3 millóns de euros, que é o estipulado para atender os 14 días lectivos que van entre o comezo da suspensión da actividade lectiva presencial e dos servizos educativos complementarios o pasado 16 de marzo ata o día 12 de abril; así como unha previsión no caso dunha eventual segunda prórroga da situación de alarma.

 EMPREGO

Información para autónomos e PEMES
Medidas urxentes de emprego para minimizar o impacto do COVID-19

 

 

>> 29 de abril de 2020

MEDIDAS URXENTES DE EMPREO GALICIA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19

 

 

 

 

  • FORMULARIO PARA REALIZAR UNHA PRE-SOLICITUDE DE PRESTACIÓN INDIVIDUAL DE PRESTACIÓN POR DESEMPREGO DURANTE MEDIDAS COVID-19Durante o período de vixencia das medidas extraordinarias en materia de saúde pública adoptadas polas autoridades para combater os efectos da extensión do COVID-19, pode formalizar a súa solicitude provisional de acceso á protección por desemprego enviando este formulario. En caso de ser necesario, o SEPE contactará con Vde. por teléfono ou por correo electrónico para completar a información ou requirir documentación indispensable.
    https://sede.sepe.gob.es/SolicPrestIndividualWeb/flows/solicitud?execution=e2s1

 

  • Co obxectivo de facilitar toda a información e trámites relacionados coa situación do # COVIDー19 a páxina web do SEPE dispón dunha sección especial con todo o publicado ata o momento:
    http://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19.html

 

 

 IGUALDADE

 

XUVENTUDE

Menús Saudables

#EuQuedoNaCasa



Menú en familia
Menús ricos en fibra

Menús comedor escolar

 SANIDADE

 

As mascarillas distribuiranse nas parroquias de Soutomaior e de Arcade segundo se acordou coas oficinas de farmacia.

Van destinadas a ofrecer unha protección barreira e a diminuír o risco de contaxio cando exista imposibilidade de manter distanciamento social.

Así mesmo o Concello de Soutomaior fornece a todos os comercios, que permanecen abertos segundo regula o decreto do estado de alarma, as máscaras de maneira gratuíta para que sexan usadas polos empregados na súa atención ao público.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies