Transparencia
Información relativa á xestión do Concello de Soutomaior
Sede electrónica
Tramitación en liña
Contacto
986 705 106 – 986 705 114
O teléfono 986 70 51 14 está inoperativo temporalmente. Póñanse en contacto co Concello no 986705106
Desculpen as molestias
Agora pedir cita para os servizos do Concello é máis fácil
Xa podes pedir cita por internet para Secretaría, Servizos Sociais, Urbanismo, OMIX… E moi pronto se abrirán tamén as solicitudes para outras oficinas vía internet.
O obxectivo é achegar os servizos do Concello ao cidadán, ofrecéndolle unha alternativa fácil e rápida que lle aforre colas e esperas innecesarias. Ademais, este novo sistema facilitará os trámites a aquelas persoas que teñan problemas de mobilidade ou a quen, por horarios, non poidan achegarse ao Concello de forma presencial.
CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO AO PLAN CONCELLOS 2023, LIÑA 3 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Contratación de para obras e servizos municipais
17 persoas con contrato de 6 meses: 3 albaneis (oficiais 1ª)- C.O 7121, 1 fontaneiro (CO72211012), 3 varredores (CO 94431016), 2 peóns obras públicas (96011029) , 7 peóns forestais (CO9 95431028), e un auxiliar de biblioteca (CO45001019)
1 persoa con contrato de 9 meses: 1 auxiliar administrativo (CO42101011)
(Selección : mediante presentación de oferta na oficina pública de emprego).
>> Bases de convocatoria para a selección PLAN CONCELLOS 2023, LIÑA 3
ADXUDICACIÓN DE AUTORIZACIÓNS PARA INSTALACIÓN DE QUIOSCO TEMPORAL NA CARBALLEIRA DO PEIRAO (ARCADE), CONCELLO DE SOUTOMAIOR.
OPOSICIÓN LIBRE PARA PROVISIÓN EN RÉXIME DE INTERINIDADE DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN MEDIANTE CONCURSO DUNHA PRAZA DE BIBLIOTECARIO/A
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO/LABORAL FIXO NO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL, DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR
INSPECIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE VEHÍCULOS AGRICOLAS, (Venres día 4 de novembro).
>>BANDO
AXUDAS DEPORTISTAS INDIVIDUAIS 2022
>> PUBLICACIÓN ANUNCIO BOP 19 DE XULLO DE 2022, BASES CONVOCATORIA
>> ANEXO I
>> ANEXO II
>> ANEXO III
>> ANEXO IV
Prazo de presentación solicitudes: 15 días hábiles dende o primeiro día hábil seguinte á publicación do estracto (do 26/07/2022 ata 16/08/2022, ambos inclusive).
CONTRATACIÓN DE PERSOAL AO ABEIRO PROXECTO “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Contratación de 2 persoas, a través contrato formativo, ao abeiro do Proxecto “Primeira experiencia profesional” da Deputación de Pontevedra coas seguintes titulacións:
– 1 grao en Historia
– 1Técnico/a Superior en animación sociocultural y turística
Selección: entre os candidatos remitidos por oficina do Servizos Público de Emprego de Redondela.
>> BOPPO – BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA
>> BOPPO – OUTORGAMENTO DA CONDICIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS
COMUNICACIÓN DE SITUACIÓN DE RISCO EN RELACIÓN Á GRIPE AVIAR H5NI e H5N8 (actualización 10/05/2022)
>> COMUNICIACIÓN DE SITUAVIÓN DE RISCO ES RELACIÓN Á GRIPE AVIAR (actualización 10/05/2022)
>> COMUNICACIÓN MEDIO RURAL EN RELACIÓN A GRIPE AVIAR. Actualización data 20/01/2022
>> DESCARGA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN EN PAPEL, (SOLICITUDE INSCRICIÓN CORRAIS DOMÉSTICOS).
>> ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA PARA INSCRICIÓN ELECTRÓNICA
ACTIVIDADES E CONCERTOS
XIV Xuntanza de Mulleres do Concello de Soutomaior
Tras o éxito dos pasados anos, o Concello de Soutomaior, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), organizan a XIV Xuntanza de Mulleres do Concello de Soutomaior o día 26 de marzo. Este ano a excursión será á Coruña.
Pola mañá faremos unha visita o balneario da casa da auga onde pasaremos un bo rato entre burbullas e auga, logo comeremos nun restaurante da cidade, ao rematar daremos un paseo pola mariña e a praza de María Pita. A media tarde colleremos o autobús para facer a nosa última parada no mercadillo de Barro.
Como en anos anteriores, sairá un autobús ás 8:15 desde a casa do Concello e outro autobús ás 8:30 desde o cruce de Pierres en Arcade. Para a Casa da auga hai que levar, traxe de baño, gorro e chanclas.
Desde a concellaría de igualdade somos conscientes da importancia destas xuntanzas que serven para unir á cidadanía e pasar un bo intre de lecer, fortalecendo ou creando novos lazos de amizade e redes de convivencia.
A actividade ten un prezo de 30€ para as mulleres empadroadas no Concello de Soutomaior e de 35€ para as non empadroadas.
Podedes inscribirvos en liña en Gabinete Soutomaior; acudindo as oficinas do CIM, no edificio Multiúsos de Arcade os mércores ou venres; na Casa do Concello ou ben chamando por telefono ó 986 701 227.
CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA 2003
O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de Semana Santa. Esta iniciativa do Concello, organizada a través do CIM, busca ofrecer unha alternativa de conciliación familiar ás familias durante algúns días das vacacións escolares.
A cativada estará entretida, facendo todo tipo de actividades, xogos e obradoiros para “liberar” durante algunhas horas aos seus pais.
O campamento terá lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 9.00 a 14.00 horas (para as familias que o precisen poderá ampliarse o horario de 8.00 a 15.00h).
FORMACIÓN E OBRADOIROS
OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
Para a 3ª idade
ESPAZO AUTOCOIDADO.
Vivimos nun mundo complexo e acelerado, onde as demandas externas son constantes e perturbadoras. Este ritmo de vida xera estrés, ansiedade, baixo rendemento laboral, baixa capacidade de concentración e como resultado desequilibrio físico e mental.
Desde o Concello de Soutomaior, a través do Centro de Información á Muller, ponse en marcha o obradoiro, CALMA NA ALMA, para traballar técnicas de respiración, que nos permitan estar presente durante o día, relaxar o noso corpo e aprender a xestionar adecuadamente as emoción, para así, reducir a ansiedade e o estrés.
O obradoiro comenzará, o luns 20 de febreiro de 10 a 11:30h, no edificio Multiuosos de Arcade ata o luns 24 de Abril.
Podes realizar as inscricións na páxina do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou chamando por teléfono ó CIM 986701227
Inicio da actividade: 15-02-2023
Fin da actividade: 26-05-2023
Dias da actividade: Mércores e venres
Horarios: de 17:00 a 18:30 h.
Destinatarios/as: 9 – 13 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Empadroados/as
Prazas: 15 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal
Inscricións: ata 13 de febreiro
Aula de Apoio e Reforzo Educativo
A aula de apoio educativo contempla unha liña principal de actuación centrada no reforzo das materias escolares a través de técnicas de organización e estudo pensadas para afianzar e mellorar as competencias educativas básicas.
O obxectivo é ofrecer ao alumnado un servizo de reforzo educativo que favoreza a comprensión dos contidos que se transmiten dende o centro escolar, creando hábitos de estudo eficaces e estimulando as capacidades persoais individuais.
Ofreceremos unha formación integral nas competencias básicas do alumnado a través de explicacións e a realización de actividades diversas que axuden a conseguir o éxito escolar nos estudos.
Traballaremos hábitos de organización e planificación do estudo nun espazo axeitado que favoreza a concentración: axenda, datas de entrega e tarefas pendentes, establecemento de horarios de estudo semanais, etc.
Daremos ferramentas e técnicas de estudo que permitan a adquisición de coñecementos dunha maneira autónoma e eficiente: lectura rápida e comprensiva, esquema, resumo, ideas principais, etc.
Faremos un traballo enfocado á atención personalizada das dificultades de cada alumno/a.
Esta actividade vai dirixida a alumnado de primaria (4º, 5º e 6º) empadroado no Concello de Soutomaior.
Mellora a túa calidade de vida co obradoiro de Empoderamento Corporal
Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM (Centro de Información a Muller) ponse en marcha o obradoiro de Empoderamento Corporal.
A través da atención ao corpo e ao autocoidado mellorase a comunicación interna e en consecuencia conséguese identificar, nomear e expresar os sentimentos, facéndonos mais conscientes das emocións e axudándonos a xestionalas con consciencia.
Este obradoiro que constitúe unha invitación a recoñecer, autoexplorar, nomear e identificar as diferentes partes do noso corpo. Enmarcase dentro da programación do Espazo Autocoidado, programa de intervención comunitaria, deseñado expresamente para as mulleres do Concello.
O obradoiro levase a cabo desde o venres 3 de febreiro ate o 16 de xuño, no Multiusos de
Arcade, en horario de 10:30 a 12:00.
ESCOLAS MUNICIPAIS 2022-2023
As inscricións partir do luns 12 de setembro, (18,30 h) no Pavillón Municipal
>> Formulario inscrición adultos

Creación de castelos de area na praia
Mércores 13 de xullo, praia da Muxeira (Arcade), de 17:00 a 18:30
Mércores 20 de xullo, praia da Veiguiña Longa (Comboa), de 17:00 a 18:30
Mércores 27e xullo, praia da Xunqueira (Arcade), de 17:00 a 18:30

Orgullo – Soutomaior
POESÍA, HUMOR E CONCERTO DE SUSANA SEIVANE PARA PECHAR O MES DO ORGULLO
Este venres 1 de xullo pechamos o mes do Orgullo cun acto no Multiúsos que pretende homenaxear a todos e todas as que seguen loitando pola súa liberdade.
Será a partir das 19.00 h, cando María Faltri presente “Soñando Inventei”, un espectáculo musical para toda a familia.
Ás 20.00 será a quenda de “Benquerer(se)”: poesía, música e humor dirixidos a un público xuvenil e adulto.
Por último, Susana Seivane tocará algúns dos seus éxitos en solitario para poñer fin ao evento.
Tamén haberá tempo para que un grupo de mozos/as do Concello lean un pequeno manifesto, ademais do que será pronunciado pola concelleira de Igualdade.

VIDEOXOGANDO – Salón lúdico e do videoxogo
Venres 8 de xullo de 17:00 a 22:00
Sábado 9 de xullo de 11:00 a 21:00
Peirao de Arcade
Máis información: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-cultura/videoxogando

Festival musical – SOUTOMAREIRO
Sábado 9 de xullo
Peirao de Arcade ás 23:00 h.

Campaña : Penso, logo existio. Listado de participantes
Penso, Logo Existo
Este mércores coñeceremos aos gañadores da II Edición da campaña Penso, logo existo en galego. Unha iniciativa realizada con motivo do Día das Letras Galegas e na que calquera podía publicar un texto en galego nas súas redes sociais co hashtag # SoutomaiorPensoLogoExistoEnGalego.
Aquí podes ver a todos os participantes.
Tarxeta xente nova
Para transporte metropolitano gratuito.
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas.
¿Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano

A Dirección Xeral de Mobilidade crea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova. Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do plan de transporte metropolitano de Galicia, (Número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.) Como conseguila? http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Voluntariado Soutomaior
Plan Municipal de Voluntariado.
Son un conxunto de accións voluntarias integradas no Plan Galego de Voluntariado e regulado pola Lei 3/2000, do voluntariado de Galicia.
¿Que tipo de voluntariado hai en Soutomaior?
>> Ver anuncios de voluntariado en Soutomaior
Garantía Xuvenil
Emprego xuvenil – Garantía social
Estratexia de emprego dixirida á mozos e mozas de 16 a 29 anos
> Ampliar información: Garantía xuvenil
Máis información:
OMIX, Centro Multiusos.
R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior.
Teléfono: 986700822, omix(arroba)soutomaior.com